Ministerio de Traballo e Economía Social. Preguntas frecuentes sobre a Sede Electrónica. Ministerio de Traballo e Economía Social

Preguntas frecuentes sobre a Sede Electrónica

  • Que necesito para usar a Sede Electrónica?

    Para acceder á maioría de servizos da Sede Electrónica, requiriráselle o uso dun certificado electrónico.

    Se xa posúe certificado electrónico pero ten dúbidas sobre se esta Sede Electrónica o admite, pode consultar a relación de sistemas de firma e certificados electrónicos admitidos.

    Se, pola contra, non ten aínda un certificado electrónico ou comprobou que o que esta Sede Electrónica no o admite, consulte a axuda sobre firma e certificados electrónicos.

  • Que podo facer na Sede Electrónica?

    Dende a Sede Electrónica, pode acceder a unha listaxe de procedementos administrativos que pode elixir levar a cabo totalmente online ou acceder á descarga do formulario para o seu inicio en papel.

    Para os que inicien os seus trámites online, hai unha serie de servizos dispoñibles na páxina da Sede que permiten consultar o estado dos trámites iniciados, emendar ou anexar documentación e obter unha versión imprimible do xustificante de rexistro electrónico.