Ministerio de Traballo e Economía Social. Preguntas frecuentes sobre a Firma Electrónica. Ministerio de Traballo e Economía Social

Preguntas frecuentes sobre a Firma Electrónica

  • Cal debe ser a configuración do meu navegador para poder utilizar o meu certificado na Sede Electrónica do Ministerio?

    Para poder facer uso do seu certificado dixital o seu navegador debe ser capaz de executar JavaScript ademais de compoñentes cliente (ActiveX ou Applet).

  • Podo ter máis dun certificado?

    Non hai ningún problema por ter máis dun certificado no seu computador; no momento oportuno preguntaráselle cal dos certificados é o que quere utilizar.

  • Podo protexer o meu certificado no navegador?

    Si, pode protexer o seu certificado de dúas formas. A primeira consiste en almacenar o certificado nunha tarxeta criptográfica (o certificado do DNI electrónico estará almacenado nunha). A outra posibilidade consiste en almacenar o certificado no navegador protexido por un contrasinal especificándoo durante a súa instalación.

  • Podo utilizar o meu certificado instalado noutro computador?

    Si, no caso de ter o certificado almacenado nunha tarxeta criptográfica é suficiente con inserir a tarxeta no outro ordenador. Se o certificado está almacenado no navegador, é necesario exportar o certificado a un ficheiro e posteriormente importar o certificado no navegador do novo computador.